DISCRIMINACIÓN AUDITIVA DOS FONEMAS /D/ e /R/ suave

Temos que seguir traballando. Xa sei que non é doado, pero xa sabes que canto máis adestres antes conseguirás mellorar a discriminación destes dous sons e lograrás a súa emisión correcta!!!
Como xogamos? Precisamos de tesoiras, 2 follas (ou cartóns/caixas de reciclaxe) e pegamento. Tes recortar primeiramente todas as imaxes (de unha en unha) e ir pegándoas onde corresponda: ben na folla do D ou ben na folla do /R/ suave. Despois, practica os seus nomes e inventa frases escollendo dúas imaxes diferentes, por exemplo: pirata + xeado_  O pirata Malapata comeu un xeado de laranxa. Actividade en GALEGO.



Outra idea para seguir practicando con estes "pares mínimos" sería coa imaxe que vos deixo a continuación: "Mar revolto". Que debuxos teñen o /D/ no seu nome? e o /R/ suave? 
Podes animarte a facer outra clasificación segundo teña 1 sílaba, 2 sílabas, 3 sílabas (palmadas/ golpes de voz)... así traballaríamos tamén a conciencia silábica. Veñaaaa!!! Actividade en GALEGO.

E como sei que vos encanta o FONODIL, aquí deixo tamén o do "Delfín" (golfiño). Recorda como xogamos na clase: dicir o nome do debuxo; inventar unha frase; poñerlle un adxectivo (dicir como é)..







Comentarios