R, D ou L?

Ola rapazada!!! Voltamos de novo á carga coa discriminación de fonemas. Estes días que nos quedan imos insistir neste tipo de tarefas xa que son esenciais tanto para superar as dificultades articulatorias (dislalias) como para a iniciación, reforzamento e asentamento da lectoescritura.
Esta vez toca traballar os fonemas R, D, ou L.
Déixovos varias actividades interactivas que xa sei polos vosos correos, que é o que máis vos gusta. Iso alégrame enormemente!!!
Seguide as indicacións e unha vez rematedes, premede en FINALIZADO. Cubride co voso nome, curso e na asignatura, poñede AL... Xa me chegan a min as respostas e correxímolo. Podedes tamén gravar un audio ou un vídeo practicando o /R/ e o enviades ao meu correo electrónico: profe.verillo@gmail.com .
Nomea en voz alta cada imaxe e preme nela se contén o fonema /r/ suave ou forte. A xogar!  Actividades en CASTELÁN.




- Seguimos con outra actividade, esta vez en GALEGO. Aquí terás que completar con R-D-L.
Moita sorte!




- Agora practicamos a articulación do /r/ suave. Pulsa o micrófono e grávate!!


- Para ir rematando, toca agora traballar o fonema /L/:




- Último por hoxe: D ou R?

Comentarios

  1. BOAS NOITES, OXE MANDAMOSCHE ALGUNS DOS EXERCICIOS QUE PRECISAN DE MICROFONO,É A PRIMEIRA VEZ QUE O USAMOS, SE NON CHE CHEGA BEN AVISANOS E VOLVEMOS A FACELOS. SON A NAI DE ADRI.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Perfectamente recibido! Estou encantada con todo o que está a traballar Adrián. Noraboa!

      Eliminar

Publicar un comentario