Ola a tod@s!!! Hoxe toca practicar con dous fonemas que están moi próximos entre sí xa que ámbolos dous, son velares (fabricámolos na gorxa). Estes son o fonema /G/ en ga, gue, gui, go, gu, güe e güi; e o fonema /K/ en: ca, que, qui, co e cu.
As GRAFÍAS son diferentes e os seus SONS tamén: o /G/ é un fonema oclusivo velar sonoro e o /K/ é un fonema oclusivo velar xordo. Ás veces, dan algún que outro problemilla de confusión debido a dificultades na discriminación auditiva, polo que convídovos a que realicedes as seguintes actividades interactivas. Actividades en CASTELÁN.
Seguide as indicacións e unha vez rematedes, premede en FINALIZADO. Cubride co voso nome, curso e na asignatura, poñede AL... Xa me chegan a min as respostas e correxímolo. Moito ánimo!!!
- DISCRIMINACIÓN K e G:
A continuación, móstrovos estas dúas láminas con diferentes imaxes que hai que diferenciar segundo teñan un fonema ou o outro. Podedes colorear de AZUL se ten /G/ no seu nome ou ben colorear de vermello, se ten /K/. Tamén podedes escribir o nome de cada imaxe debaixo e, incluso, deletrealo!!!
Escribídeme e contádeme que tal vos foi!!! profe.verillo@gmail.com
Comentarios
Publicar un comentario