Verme, vermiño...


Como xa fai semanas que chegou a primavera, hoxe toca recordar o conto do gusaniño, ao cal, encántalle esta estupenda estación do ano. Moi atento, hai que axudarlle á narradora a contalo. Debúxate un vermiño no dediño e adiante!!! 

Necesitamos traballar un pouquiño o noso sopro… Para iso, moi atentos, vaise iniciar o Campionato de vermes!!!!! Déixovos un titorial para facer  gusaniños de papel, despois podedes facer carreiras. Espero que o pasedes moi ben. Mandádeme algunha foto ao correo: profe.verillo@gmail.com



Comentarios