Os crebacabezas axúdannos a fixar a nosa atención ao tempo
que nos fan desenvolver as nosas habilidades lóxicas e de concentración.
Xa sabedes que este ano adicámoslle o día das Nosas Letras a Ricardo Carvalho Calero. Este crebacabezas ten 4 pezas e está pensado para o alumnado de Infantil. A ver
canto tardas en resolvelo! 3, 2, 1... adiante!!!

Seguimos con máis xogos interactivos sobre o noso homenaxeado. Nesta ocasión tedes que unir os nomes dos elementos que conforman a cara coa parte da de R. Carvalho Calero que se corresponde. Se necesitas axuda, pídelle a unha persoa adulta que che axude a ler os diferentes textos.
Por certo, ao comprobar esta actividade, a nota máxima que se pode sacar é un 8 sobre 10. Iso pasa porque hai elementos da cara que se repiten. Boa sorte!!

Comentarios
Publicar un comentario