Feliz día!! Na entrada de hoxe imos seguir traballando, como estes últimos días, á DISCRIMINACIÓN AUDITIVA de sons parecidos. A discriminación fonolóxica é fundamental tanto para unha boa adquisición da lectoescritura como para unha articulación axeitada.
Na primeira actividade que vos propoño tedes que visualizar este vídeo e intentar adiviñar se ten o fonema S/ ou o /Z/C/. Adiante!! Actividades en CASTELÁN.
Que tal saiu a cousa? Ben, verdade? Pois agora moi atent@s á seguinte proposta. Ímonos centrar no fonema /S/:
Agora traballamos un pouquiño o fonema Z/C. Se ainda non sabes ler, pídelle a un adulto que che axude.
Imos polo último. S ou Z/C... Comproba o ben que o fas realizando a seguinte actividdae interactiva.
Comentarios
Publicar un comentario