Algún truquiño: b ou d

Ola a todxs!!! Hoxe é venres e finalizamos as actividades propostas sobre discriminación fonolóxica e visual. Quería rematar cunhas ideas a maiores sobre o que traballamos onte: b ou d?
Na aula de Audición e Linguaxe temos varios truquiños para evitar a confusión destas dúas letras. Cóntovos... hai que aprender estas formas nas mans

Na man esquerda mostramos a letra b
Na man dereita mostramos a letra d.

A continuación, pensamos na palabra boda
                                                             Esquerda- Dereita

boda


NOTA: Estas asociacións van axudarnos moito cando teñamos algunha dúbida.

Imos ver logo a seguinte actividade interactiva. Como sempre, seguide as indicacións e unha vez rematedes, premede en FINALIZADO. Cubride co voso nome, curso e na asignatura, poñede AL... Xa me chegan a min as respostas e correxímolo. Ánimo! Actividade en GALEGO. (Imaxe da torta de Flaticon).

Comentarios