"Coidarei o meu corpo, mellorarei a calidade dos meus pensamentos, coidando do meu fogar mellorarei o mundo e seguramente coidando o planeta, integrareime harmoniosamente no universo"
Mahatma Gandhi.
Dende 1972, o 5
de xuño de cada ano conmemórase o Día Mundial do Medio Ambiente en máis de cen
países de todos os continentes. O noso planeta apórtanos todos os recursos
naturais que precisamos para alimentarnos, construír as nosas vivendas, ter
luz, transportarnos, vestirnos, etc. Mirade un segundo ao voso arredor... todo
o que vedes: papel, lapis, ordenador, goma, etc... obtense, directa o indirectamente,
do ambiente, polo cal é importante que aseguremos a capacidade de continuar obténdoos.
Se destruímos a natureza estarémonos prexudicando TODOS. Coidar o mundo é coidarnos,
e esa é outra moi boa razón... non vos parece?
Agora dádelle ao
PLAY e mirade este contiño de Ellie Bethel: “El capitán Verdemán, superhéroe del
reciclaje” (versión en CASTELÁN). Un novo superheroe para un novo mundo!
Comentarios
Publicar un comentario