ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE

Benvidxs a este novo mes: XUÑO!!!! É o mes no que empezan as vacacións de verán e que sempre collemos con moitas ganas... É o sprint final do curso, así que moita forza e moito ánimo a todxs!!!! 😃

A linguaxe é unha característica propia do ser humano e, a través dela , as persoas expresamos os nosos sentimentos, emocións e ideas.

A estimulación da linguaxe na etapa infantil é determinante para o desenvolvemento das habilidades comunicativas e o fortalecemento da linguaxe en si mesma. É o instrumento que vai permitir ademais, realizar unha aprendizaxe escolar satisfactoria, sobre a que se fundamentarán todos os coñecementos posteriores.

Hoxe centrarémonos nesta proposta: escoitaremos, observaremos e xogaremos cos sons e coa linguaxe. Actividades en GALEGO.

Comentarios