REPASAMOS O FONEMA /R/

Hola a todxs!! Hoxe voltamos á carga co fonema /R/. Moitos de vós me escribides e me pedides máis exercicios para poder traballalo na casa. Pois como os vosos desexos son coma ordes para min, aquí vai unha tandada para seguir adestrándonos. Seguen sendo actividades interactivas xa que, polo que me contades, gústanvos moito. 
Seguide as indicacións e unha vez rematedes, premede en FINALIZADO. Cubride co voso nome, curso e na asignatura, poñede AL... Xa me chegan a min as respostas e correxímolo. Podedes tamén gravar un audio ou un vídeo practicando o /R/ e o enviades ao meu correo electrónico: profe.verillo@gmail.com Moito ánimo!!! Actividades en CASTELÁN.

Veña, imos con outra:
Neste caso trátase dun encrucillado onde teredes que escoller entre /R/ suave ou /RR/.


Apetécevos practicar máis? Fantástico! Pois agora practicamos as trabadas con /r/. Son varios exercicios diferentes dentro dunha mesma actividade.

Comentarios